A Xunta destina máis de 12 millóns para o programa Civil UAVs Initiative
martes, 15 de marzo do 2022
Galicia amplía a 52,3 millóns de euros os fondos destinados á
licitación de Compra Pública Precomercial para a selección de
socios estratéxicos cos que desenvolver o novo programa de I+D na
Civil UAVs Initiative. Súmanse
máis de 12 millóns para o desenvolvemento de un programa destinado
á monitoraxe e observación da biodiversidade no que se
empregarán sistemas aéreos e mariños para a captura de datos.
O programa realizarase no marco do Plan Complementario de
Biodiversidade en cuxa sinatura participaron este venres o
vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e
Innovación, Francisco Conde; e a directora da Axencia Galega de
Innovación, Patricia Argerey. Este novo financiamento, dixeron,
“supón unha grande oportunidade para o crecemento económico das
pemes e centros de coñecemento galegos, así como para continuar
creando e mantendo emprego de calidade en torno a este sector”.
Para o desenvolvemento de estes novos programas de I+D, a Xunta
contará coa colaboración de novas candidaturas como Airbus,
Babcock, Boeing, Aeroespace Spain, Indra, Telefónica, e moitas máis.
No marco da investigación, Galicia desenvolverá tres liñas de
actuación: a primeira centrarase no desenvolvemento de sistemas
aéreos e mariños non tripulados para a recolección de datos; a
segunda encargarase da elaboración de sensores para estes sistemas
de aéreos e mariños non tripulados, e a terceira centrarase na
creación dunha e-infraestrutura para a observación da
biodiversidade.
No que respecta aos Plans Complementarios, dirixidos a establecer
colaboracións entre Comunidades Autónomas para realizar proxectos
de I+D, Galicia conta con case 20 millóns de euros. A
biodiversidade, a sostibilidade e os “retos verdes”, serán as
prioridades de actuación da Xunta de Galicia na nova Estratexia de
Especialización Intelixente (RIS3) 2021-2027.