Arredor de 70 estudantes de secundaria participaron na fase galega de CanSat
venres, 29 de abril do 2022
Arredor de 70 estudantes de oito centros educativos de Galicia déronse
cita durante a xornada de onte nas instalacións do centro de
investigación aeroportada de Rozas (CIAR), para
participar na fase galega do certame de proxectos espaciais CanSat,
unha competición promovida pola Axencia Espacial Europea na que os
alumnos realizaron unha simulación dun satélite desde a súa
concepción ata o lanzamento ao espazo e posterior recollida de
datos.
A Axencia Galega de Innovación (GAIN) apoia a fase rexional de
CanSat no marco do seu programa de vocacións cientÃfico-tecnolóxicas
Voando alto, sumando vocacións, que ten por obxectivo
impulsar novas vocacións nos sector aeroespacial, captar e reter
talento, fundamentalmente entre as mozas. Este apoio
contempla actividades como a Aula Newton Permanente de Tecnópole ou
visitas guiadas ao Centro de Investigación Aeroportada de Rozas;
pola súa banda, a ConsellerÃa de Cultura, Educación e Universidade colabora co impulso tecnolóxico e dixital nos centros educativos a
través de programas e dotacións especÃficas.
Os participantes deste certame comezaron dende primeira hora da mañá
preparando o espazo de traballo do CanSat e os lanzamentos e
presentación dos resultados obtidos a partir dos cales o xurado
emitirá un veredicto.
Un CanSat é unha simulación satélite integrada nunha lata de
refrescos que ten por desafÃo introducir nun espazo reducido os
principais elementos dun satélite real (alimentación eléctrica,
sensores, sistemas de comunicacións, etc). Lánzase a unha altura
dun quilómetro e deixase caer, sendo un éxito se logra unha
aterraxe sen danos.
Xa pola tarde, o xurado avaliou os resultados e procedeuse á
entrega dos cinco premios establecidos, entre os que destacan o de
Mellor Proxecto CanSat (o que obteña a mellor puntuación global e
que será o que pase á fase nacional) e o Mellor Logro Técnico
(mellor puntuación neste apartado).