Os monitores de Samsung con funcións de Smart TV chegan a España
luns, 18 de xaneiro do 2021
A gama
Smart Monitor de Samsung chega finalmente a España buscando innovar no
xeito de empregar as pantallas para traballar, estudar ou entreterse, para o
que poñen a disposición do público dous modelos de pantalla, os Smart Monitor
M5 e Smart Monitor M7, que se diferencian basicamente pola súa resolución (alta definición e ultra alta definición
respectivamente).
Eses novos monitores destacan por integrar Tizen, ou sexa, por contar con
software propio dos Smart TV de Samsung, de xeito que non só serven para o seu
uso conectado a un ordenador persoal, senón que tamén poden aproveitarse para executar
as habituais aplicacións que facilitan o acceso a servizos de vÃdeo baixo
demanda (Netflix, YouTube, HBO...), para acceder remotamente ao noso posto de
traballo sen necesidade dun PC (cando fagamos uso das aplicacións de Microsoft
365), para presentar contidos do noso smartphone e para moitas outras
funcionalidades, de xeito que son válidos para traballar e para xogar, pero
supondo un aforro de espazo, xa que non é preciso contar con varios
dispositivos. Tamén integran o asistente de voz Bixby no seu mando a distancia.
O Smart Monitor M5 chega con resolución Full HD e dous tamaños de pantalla (27 e 32 polgadas) pensando en adecuarse ao espazo dispoñible, tendo uns prezos un tanto contidos (249 e 289 euros) mentres que o Smart Monitor M7 está dispoñible só en 32 polgadas con resolución 4K e a un prezo de 399 euros.
- Os novos monitores de Samsung resultan prácticos porque poden empregarse tanto para o traballo como para o lecer