Parallels Desktop avanza na virtualización de Windows 11 para procesadores x86
mércores, 15 de xaneiro do 2025
- Imaxe na que podemos ver como Parallels Desktop é capaz de facer crer a Windows 11 que está ante un equipo cun procesador Intel
A chegada dos procesadores Apple Silicon aos Mac supuxo un grande atranco para moitos usuarios, xa que ao pasar a funcionar os equipos con procesadores baseados en arquitectura ARM pechábase a porta a traballar con Windows a través de Boot Camp e coas solucións de virtualización existentes, até que Parallels Desktop conseguiu autorización para utilizar as versións para procesadores ARM de Windows 11 en equipos de Apple.
Estamos ante unha solución moi cómoda e completa, que resulta ideal para software moderno, pero dado que a versión de Windows que corre non é a tradicional, non se adapta para todos os usuarios, de aà que dende Parallels estean a traballar nunha actualización do seu software de virtualización que sexa capaz de emular un procesador x86, o que permitirÃa que un equipo cun procesador M de Apple poida correr versións de 64 bits de Windows 10, Windows 11, Windows Server 2019/2022 e incluso algunhas distribucións de Linux.
Esta solución está bastante avanzada, de xeito que conseguen unha alta compatibilidade do software pero, polo momento, ten limitacións moi importantes: o rendemento aÃnda é moi malo (como exemplo, arrincar Windows pode levar entre 2 e 7 minutos, fronte aos poucos segundos da versión para ARM), só é compatible con sistemas operativos de 64 bits, non acepta dispositivos conectados por USB e non permite o uso de hipervisor (impedindo a virtualización aniñada).
En calquera caso, estamos ante un importante avance para usuarios de equipos modernos de Apple, que cada vez teñen máis opcións para correr software de sistemas operativos alleos a Apple, aÃnda que probablemente o que preferirÃan moitos usuarios era a recuperación de Boot Camp agora que Windows 11 para ARM comeza a ser un produto consolidado.