Parallels Desktop consegue a autorización para correr Windows 11 nos últimos Mac
venres, 17 de febreiro do 2023
Dende que os
novos ordenadores persoais de Apple fan uso de procesadores baseados en arquitectura
ARM teñen un problema para moitos usuarios, afeitos a poder empregar os seus
equipos para correr Windows, sen do imposible facer uso do sistema de arranque
dual BootCamp, pero curiosamente a aplicación de virtualización Parallels Desktop
conseguiu facer correr aplicacións para Windows 11, aÃnda que este xeito de
operar quedaba no limbo, xa que Windows 11 para ARM estaba limitada a un número
de equipos moi reducidos entre os que non figuraban os de Apple.
Pero a situación vén de mudar, e Microsoft
xa autoriza o uso das versións para ARM de Windows 11 en Parallels Desktop para
Mac, aÃnda que advirten de que se corremos Windows 11 nun equipo con procesador
M1 ou M2 teremos algunhas limitacións por mor de capas de virtualización que
non están soportadas polo momento, o que afectarÃa a correr aplicacións para
Android e Linux dentro de Windows, ao uso de Windows Sandbox e á tecnoloxÃa de
seguridade VBS, detalles que só importarÃan a usuarios moi especÃficos. Pola
contra, unha limitación que si afectarÃa serÃa a relativa a DirectX 12 e
OpenGL3.3, ou sexa, que a tecnoloxÃa sobre a que corren a meirande parte dos
xogos para Windows non contarÃa con soporte oficial en equipos de Apple cos
novos procesadores.
Temos asà que Parellels Desktop pode ser unha solución moi axeitada para
utilizar aplicacións e ferramentas de Windows 11 dentro de macOS en equipos con
procesadores Apple Silicon, sempre que sexamos conscientes de que non temos un
Windows 11 completo, senón unha versión que correrÃa cun magnÃfico desempeño as
aplicacións de produtividade, pero terÃa problemas cos videoxogos.