A Audiencia Nacional desbota o canon dixital
xoves, 24 de marzo do 2011
A Audiencia Nacional vén de botar por terra unha das medidas estrelas das
sociedades de xestión de dereitos de propiedade e do Goberno español por
compensar aos creadores con licenzas pechadas (copyright) pola copia dos seus
arquivos. Estamos a falar do canon dixital,
unha taxa aplicada a diversos medos de gravación (e da que se benefician
autores, editores, produtores e artistas asociados a plataformas de xestión de
dereitos) que segundo a sala do Contencioso Administrativo da Audiencia
Nacional non pode seguir vixente. Segundo informa Europa Press, a anulación do
canon vén dada porque a sala entende “que
a orde ministerial que regula a taxa dixital é un regulamento e, por tanto, a
aprobación precisaría determinados trámites relativos a memorias xustificativas
e económicas, e máis un ditame do Consello de Estado, que non se fixo”.
Desta maneira, a Audiencia Nacional salienta que segundo o seu parecer a
norma está afectada “de vicio radical”. Isto tivo como consecuencia o seu
rexeitamento. Por certo que tamén se desbota a intención de que se devolva o
recadado polo canon por falta de competencia.
