O CPETIG convÃdanos a probar a súa nova web
martes, 21 de novembro do 2017
O Colexio Profesional de
EnxeñarÃa Técnica en Informática de Galicia (CPETIG) ten nova web
a disposición dos internautas. Podemos vela en cpetig.gal,
con dominio galego, polo de agora compartindo andaina na Rede co
sitio antigo, cpetig.org, dende
onde se nos convida a probar o novo espazo en liña e as súas
diferentes posibilidades e funcionalidades. E que nos ofrece agora
cpetig.gal? Pois, dende o plano visual, unha disposición
dos elementos que nos libera a vista de todo o que se poida
interpoñer entre nós e a información. O coidado no deseño, moi
visual e accesible, compleméntase cunha distribución clarificadora
e sinxela dos contidos.
A web fornece de seccións
que nos poñen ao tanto de todo o relacionado co colexio, cos seus
servizos, coa información xerada dende o seu seo (sección novas),
coa documentación do CPETIG, cos datos de contacto e cos pasos que
hai que seguir para levar a cabo a colexiación. Tamén se fai
especial fincapé en servizos como o CEPRAL (o servizo de
Certificación de Experiencia Profesional para Recoñecementos
Académicos e Laborais, achegado polo CPETIG), o Plan Colégate ou as
accións de análise, formación e divulgación que desenvolve
anualmente o colexio (como por exemplo a Xornada de Informática
Xudicial ou o Curso ENS, entre outras moitas actividades).
