Os avances tecnolóxicos dos hospitais de Barcelona, ao descuberto nunha xuntanza interestatal
venres, 3 de decembro do 2010
Ozona
Consulting, empresa centrada na consultorÃa TIC e en servizos de
virtualización, organiza o 16 de decembro en Barcelona unha xuntanza sobre as
vantaxes que está atopar a sanidade, tanto en xestión de datos como na propia
práctica médica, no eido das novas tecnoloxÃas da información. A cita será no
Hospital de Sant Joan Despà Moisès Broggi, pertencente ao Consorci Sanitari
Integral de Barcelona. No encontro, que dará acubillo a unha presentación
pormenorizada do modelo tecnolóxico dos hospitais do Consorci (hoxe en dÃa un
referente para outras redes sanitarias, informa Ozona), participarán os
principais responsables de hospitais públicos e privados de Catalunya, Balears
e Portugal. Entre as achegas concretas a presentar atópase o modelo de traballo
tecnolóxico do devandito Hospital de Sant Joan Despà Moisès Broggi, aberto en
2010 e hoxe en dÃa baseando unha boa parte da súa actividade na tecnoloxÃa VDI
de Citrix.
Segundo informa Ozona, grazas ao uso desta
tecnoloxÃa, o hospital acadou importantes melloras na calidade asistencial, favorecéndose
tamén o traballo do persoal, sobre todo no que se refire ao manexo da información
coa que adoitan a traballar, máis accesible e fiable.
O proxecto tecnolóxico, levado a cabo por Ozona nun prazo de seis semanas nas que se implantaron 1.000 postos de traballo, consistiu en boa medida na virtualización dos escritorios. Entre as razóns que levaron ao Consorci a iniciar este proceso atópanse as seguintes: reducir o tempo de instalación e actualización en todo o parque de equipos informáticos, diminuÃr os recursos técnicos dedicados ao soporte de PCs, garantir o acceso do usuario a datos e aplicativos e asegurar a mobilidade, dentro do centro e entre os diferentes centros do Consorci.
