Todoscontraelcanon.es pide o apoio da totalidade dos Concellos
luns, 21 de xaneiro do 2008
Todoscontraelcanon.es non cesa nos seus requirimentos en contra da taxa dixital, malia o pulo conseguido hai dÃas no Pleno do Congreso dos Deputados pola mesma e polos seus defensores. Desta volta, a plataforma (unha das que máis ergue a voz pola supresión do imposto sobre soportes e equipos dixitais), volve á carga pedindo o apoio dos Concellos do Estado español para que aproben en pleno mocións de rexeitamento contra o dito canon. Ó xuÃzo deste colectivo, que asegura que a polémica non vai rematar coa aprobación do regulamento no Congreso, os gobernos locais teñen un papel especialmente importante que xogar na loita contra unha situación, a do pago das taxas polo dixital, que consideran inxusta.
Este punto en concreto fundaméntase na obriga que teñen os Concellos de pagar o canon na súa calidade de usuarios administrativos dos soportes e equipos dixitais cos que emprestan servizo á cidadanÃa, ó que hai que engadir (a xuÃzo da plataforma) os atrancos que achega para que os cidadáns poidan ter acceso total ás ferramentas que posibilitan meirandes posibilidades de desenvolvemento para empresas e particulares neses municipios.
Por esta razón, Todoscontraelcanon.es xa convidou a todos os Concellos españois a que sometan a votacións nos seus vindeiros plenos unha moción de apoio á plataforma. Por certo que esta fronte de mobilización vén de superar a cifra de 2.000.000 sinaturas de apoio en todo o Estado.
